quarta-feira, 14 de março de 2012

Comunidade Autofinanciada - CAF

Que son as CAF?

Son pequenas comunidades nas que as socias e socios, xeneralmente entre 10 e 30 persoas, aportan pequenas cantidades de diñeiro que lles permiten converterse en propietarios da CAF. Co fondo creado ofrécense pequenos créditos aos socios e socias que serven para cubrir gastos como reparacións, libros para a escola dos nenos, remesas ao país de orixe…

A idea sobre a que se sustentan as CAF é simple: por que non poñemos entre todos unha pequena cantidade de diñeiro e creamos un fondo para darnos préstamos entre amigos, familiares ou compañeiros?

A clave é resolver necesidades económicas pequenas pero indispensables.

As CAF ofrecen un acceso rápido e sinxelo a pequenos créditos, estimulan o aforro, potencian a unión comunitaria e xeran devolucións que se reparten entre os socios. Ademais de ser un programa de educación financeira learning by doing (aprender facendo - aprender coa practica), as CAF permiten crear unha rede de apoio entre as socias e socios, fomentan a confianza e o liderado, e facilitan o acceso a outros servizos como seguros, vivenda, etc …

Fonte: http://comunidadescaf.wordpress.com/

http://www.comunidadescaf.org/web/index.html

Unha nota de prensa significativa e explicativa:

Autoxestión para chegar a fin de mes | Microcréditos para saír do apuro |
06.06.2011 | O último para afrontar os gastos urxentes son as comunidades autofinanciadas. Son asociacións de entre 10 e 30 socios que achegan unha cota mensual para poder prestar pequenas cantidades co fin de asumir gastos como os libros dos nenos. |Acceder en GaliciaHoxe|


|||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário