sábado, 7 de abril de 2012

Economía Social e Finanzas Éticas: algúns enlaces cos sitios na rede

COOP57 Galicia
http://www.coop57.coop/galicia/

COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostenibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.

Asociación Fiare Galiza
http://fiaregz.wordpress.com/

Fiare é un proxecto que nace en 2003 para a promoción da banca ética co obxectivo de crear unha ferramenta de intermediación financeira -en forma de cooperativa de crédito- que vele polo interese común, pola participación e a transparencia, e polo servizo á xustiza. Isto permite dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara a proxectos que supoñen unha transformación da nosa sociedade e rescatar o valor social do diñeiro e a actividade económica, poñéndoos ao servizo dun mundo máis xusto, humano e sustentable.

REAS
http://www.economiasolidaria.org/

O Portal de Economía Solidaria e o espazo da REAS “Rede de redes de economía alternativa e solidaria” e está dirixido a todo-los sectores sociais, económicos, políticos e particulares como lugar de encontro, reflexión, participación, adhesión, e comunicación sobre estruturas económicas solidarias co "ser humano", a sociedade e o planeta.

AIS O Peto
http://www.opeto.org/

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.

A.E.S. Briante
http://www.briante.org/

Briante é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a innovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa.

Consello Galego de Cooperativas
http://www.cooperativasdegalicia.com/

Este portal da internet pretende actuar como punto de encontro entre as cooperativas, proporcionando información sobre o cooperativismo e fomentando o intercambio de experiencias. Entre os seus servizos específicos destaca a Plataforma de Teleformación do cooperativismo e de apoio ás actividades formativas, o centro de documentación e biblioteca, un servizo de novas, a asesoría cooperativa, os cursos de formación, a bolsa de traballo e o servizo de consultoría.

A Xoaniña
http://www.cooperativaxoaninha.org/

Cooperativa de Consumo Responsable en Ferrolterra. Alimentos ecolóxicos e locais.


Vivir sin empleo
http://www.vivirsinempleo.org/

Blogue adicado ao troco, bancos de tempo, moedas sociais e outras alternativas.
...

Enlaces de Economía Social - DOC.

https://docs.google.com/open?id=0B-bmcohYyiL-TUJuZG43bVpRM2lUYWhBNTNlQ1dpQQ

Encontro Social de Ferrol Terra
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/

|||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário