sábado, 7 de abril de 2012

Glosario de Termos de Economía Social

Economía social
http://www.economiasolidaria.org
Conxunto de entidades e empresas para as que a súa actividade económica e un medio para o desenrolo integral de persoas e comunidades. Valóranse as persoas, as súas necesidades e as súas capacidades por riba do capital e da súa acumulación, e se reivindica un modelo socioeconómico redistributivo e equitativo. Valorase tamén a cooperación por riba da competencia e a toma de decisións democráticas, así como a conservación ecolóxica. Pode funcionar sen diñeiro como as iniciativas de troco ou de banco do tempo. As institucións pertencentes a Economía Social teñen certo grado de propiedade privada e non teñen o lucro como único obxectivo, senón que teñen un fin social.

Banca ou finanzas Éticas.
Conxunto de entidades financeiras cuxos produtos no están condicionados exclusivamente ao criterio do máximo beneficio e a especulación. Invisten de modo transparente e responsable en actividades que produzan un impacto social ou ambiental positivo . Exemplo: Triodos Bank. (www.triodos.es)

Banca ou finanzas solidarias ou alternativas
Instrumentos financeiros que non están condicionados polo criterio do beneficio. Seguen criterios sociais, éticos e solidarios como préstamos ou microcréditos de carácter social. O diñeiro serve para o desenrolo da comunidade, facendo compatible a sostenibilidade económica co beneficio humano, social e ambiental. Exemplo: FIARE (www.proyectofiare.com) e COOP57 (www.coop57.coop)

Comunidades autofinanciadas (CAF)
http://www.comunidadescaf.org
Son pequenas comunidades, xeralmente entre 10 e 30 persoas, nas que os socios aportan pequenas cantidades de aforro a un fondo da comunidade, creado expresamente, para ofrecerse pequenos créditos entre eles, que podan resolver pequenas pero indispensables necesidades económicas que a algún socio lle puideran xurdir.

Asociacións de economía ética ou solidaria.
Asociacións sen ánimo de lucro que alentan e propoñen unha economía ao servizo das persoas e os colectivos e o desenvolvemento local, a través de ferramentas financeiras éticas e solidarias. Exemplo: AIS O Peto (www.opeto.org) AES Briante (www.briante.org)

Banco do tempo
E un lugar de encontro para a oferta e a demanda de tarefas e actividades, onde grupos de persoas motivadas para intercambiar tempo, organízanse de forma práctica para realizar intercambios reais de actividades. Estas actividades están enfocadas para cubrir as necesidades da vida diaria e a unidade de intercambio e a “hora”, independentemente do servizo que se realice ou intercambie. Toda-las actividades teñen o mesmo valor e todo vale o tempo que se tarde en realizar o servizo.

Moedas complementarias (tamén chamadas sociais ou locais)
Tratase de moedas complementarias ao euro que circulan de maneira local e entre determinado grupos de persoas, colectivos ou empresas, facilitando e fomentando o intercambio de bens e servizos que se realiza dentro de ese grupo ou espazo económico.

Redes de Troco.
Son mercados ou formas de intercambio de bens e servizos, por outros bens o servizos, nas que non intermedia o diñeiro. As veces articúlanse como espazos de troco de bens homoxéneos, como as redes de troco de sementes, tamén de maneira descentralizadas como o “bookcrossing” no que se fai intercambio de libros deixando-os en espazos públicos, ou incluso organizase como un troco de bens intanxibles, como pasa no troco de saberes.

Cooperativa
http://www.cooperativasdegalicia.com/
Asociación autónoma de persoas que se unen voluntariamente para satisfacer a súas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais en común, mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática, baseada nos valores de autoaxuda, autoresponsabilidade, democracia, equidade e solidariedade.

Principios cooperativos
Son pautas mediante as que as cooperativas poñen en práctica o seus valores. Os formulados por la Alianza Cooperativa Internacional son: 1º. Adhesión voluntaria e aberta; 2º. Xestión democrática por parte dos socios; 3º. Participación económica dos socios; 4º. Autonomía e independencia; 5º. Educación, formación e información; 6º. Cooperación entre cooperativas; e 7º. Interese pola comunidade.

Cooperativa de consumo.
http://www.cooperativaxoaninha.org
E un tipo de cooperativa cuxo fin e o de satisfacer as necesidades dos seus socios, como a compra conxunta de determinados produtos, a prestación de servizos persoais, etc., exercendo o seu dereito a organizarse para o abastecemento de bens e servizos nas mellores condicións posibles de calidade e prezo ou obtendo o maior retorno posible dos consumos na forma de beneficios sociais.

Empresas solidarias.
Esta empresa concíbese como un medio ao servizo das persoas e a comunidade. Presta atención ás necesidades sociais da poboación, dan prioridade a sustentabilidade ambiental e social. Os beneficios son para a creación de novos empregos, a mellora da súa estrutura técnica e o apoio a novos emprendimentos de carácter socialmente beneficioso.

Empresa de inserción socio-laboral.
Reguladas en algunhas Comunidades Autónomas, integran a corporacións e entidades non lucrativas que contratan a persoas en situación risco social ou con especiais dificultades de integración, desenrolando calquera tipo de actividade laboral que lles facilite a integración socio-laboral, realizando a este efecto, un contrato temporal coa duración da adaptación socio-laboral.

Asociacionismo laboral.
Movemento empresarial asociativo que aglutina a empresas de autoemprego (cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais), que perseguen a promoción das empresas nas que participan maioritariamente os traballadores/as na xestión e no capital social das mesmas.

Sociedade laboral.
Sociedades en las que a maioría do capital social e propiedade de traballadores que prestan nelas servizos retribuídos en forma persoal e directa, e cuxa relación laboral o sea por tempo indefinido.

Comercio xusto.
Supón establecer relaciones comerciais máis equitativas, garantindo os dereitos dos produtores e traballadores máis marxinados.

Consumo responsable.
http://www.consomesoudevoras.info
O consumo responsable e unha idea complementaria da economía social e solidaria. Consumo ético, ecolóxico e solidario, rexeitando o sobreconsumo, consumindo produtos locais e favorecendo os de comercio xusto, rexeitando as empresas que non son responsables co entorno natural e social ou violan os dereitos humanos e favorecendo as responsábeis.

...

GLOSARIO DE TERMOS DE ECONOMÍA SOCIAL -Doc.
https://docs.google.com/open?id=0B-bmcohYyiL-OV9icEV1MGVUa3FfVkxjcVV1ZkJaQQ

Encontro Social de Ferrol Terra
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com

|||||||||||||||||

Economía Social e Finanzas Éticas: algúns enlaces cos sitios na rede

COOP57 Galicia
http://www.coop57.coop/galicia/

COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostenibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.

Asociación Fiare Galiza
http://fiaregz.wordpress.com/

Fiare é un proxecto que nace en 2003 para a promoción da banca ética co obxectivo de crear unha ferramenta de intermediación financeira -en forma de cooperativa de crédito- que vele polo interese común, pola participación e a transparencia, e polo servizo á xustiza. Isto permite dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara a proxectos que supoñen unha transformación da nosa sociedade e rescatar o valor social do diñeiro e a actividade económica, poñéndoos ao servizo dun mundo máis xusto, humano e sustentable.

REAS
http://www.economiasolidaria.org/

O Portal de Economía Solidaria e o espazo da REAS “Rede de redes de economía alternativa e solidaria” e está dirixido a todo-los sectores sociais, económicos, políticos e particulares como lugar de encontro, reflexión, participación, adhesión, e comunicación sobre estruturas económicas solidarias co "ser humano", a sociedade e o planeta.

AIS O Peto
http://www.opeto.org/

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.

A.E.S. Briante
http://www.briante.org/

Briante é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a innovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa.

Consello Galego de Cooperativas
http://www.cooperativasdegalicia.com/

Este portal da internet pretende actuar como punto de encontro entre as cooperativas, proporcionando información sobre o cooperativismo e fomentando o intercambio de experiencias. Entre os seus servizos específicos destaca a Plataforma de Teleformación do cooperativismo e de apoio ás actividades formativas, o centro de documentación e biblioteca, un servizo de novas, a asesoría cooperativa, os cursos de formación, a bolsa de traballo e o servizo de consultoría.

A Xoaniña
http://www.cooperativaxoaninha.org/

Cooperativa de Consumo Responsable en Ferrolterra. Alimentos ecolóxicos e locais.


Vivir sin empleo
http://www.vivirsinempleo.org/

Blogue adicado ao troco, bancos de tempo, moedas sociais e outras alternativas.
...

Enlaces de Economía Social - DOC.

https://docs.google.com/open?id=0B-bmcohYyiL-TUJuZG43bVpRM2lUYWhBNTNlQ1dpQQ

Encontro Social de Ferrol Terra
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com/

|||||||||||||||||||

Que é un banco do tempo?

Co apoio do Encontro Social de Ferrol Terra, a Comisión de Economía Social e Calidade de Vida, promove a constitución dun Banco do Tempo. Esta ferramenta social non é novidosa na Comarca, pois desde o propio Concello de Ferrol organizou-se un Banco do Tempo que o actual Goberno Municipal do dereitista Partido Popular desmontou. Aquel banco do tempo estaba promovido pola Concellaría de Servizos Sociais.

A Fundación Aldauri, pasou un software libre, para utilizar só sen ánimo de lucro, para que o Encontro Social de Ferrolterra constituira dentro da Rede de Apoio Mútuo, o Banco do Tempo de Ferrol Terra. Non tardaremos en ter novas sobre o traballo que están desenvolvendo as compañeiras e compañeiros da Comisión.

Agora presentamos dous vídeos un do bbt de Bilbao que explica dun xeito didáctico que é un Banco do Tempo e outro vídeo publicado, o 19 de Novembro de 2010, en VTelevisión sobre o Banco do Tempo de Ferrol.

1º Vídeo BBTBilbao.

Este vídeo explica de forma divertida o funcionamento dun banco do tempo e en particular o Banco do Tempo dos Barrios Altos de Bilbao. www.bdtbilbao.org


http://youtu.be/36A1VSArcX8


O banco do tempo de Bilbao é un proxecto da Fundación Aldauri.

Podedes ver máis videos en www.goikoaldea.tv


2º Vídeo o Banco do Tempo de Ferrol

Vídeo en VTelevisión sobre o Banco do tempo de Ferrol "Cámbiocho!" - 19 de novembro do 2010 - "Cámbiocho" cap. 10


http://www.vtelevision.es/programas/cambiocho/2010/11/19/0031_22_40787.htm



En VTelevisión podes ver 13 cápitulos do Programa Cámbiocho!:

Cámbiocho!

Programa de reportaxes sobre a solidaridade entre as persoas a través dos chamados bancos de tempo.

Cámbiocho! é un programa de reportaxes sobre a solidaridade entre as persoas a través dos chamados bancos de tempo. Cada semana diferentes testemuñas explican como axudan aos outros, simplemente compartindo algo tan prezado como é o seu tempo.

http://www.vtelevision.es/buscar/program.php?n=C%E1mbiocho&c=1275330902751841826

|||||||||||||||||||||||
_______

quarta-feira, 14 de março de 2012

Comunidade Autofinanciada - CAF

Que son as CAF?

Son pequenas comunidades nas que as socias e socios, xeneralmente entre 10 e 30 persoas, aportan pequenas cantidades de diñeiro que lles permiten converterse en propietarios da CAF. Co fondo creado ofrécense pequenos créditos aos socios e socias que serven para cubrir gastos como reparacións, libros para a escola dos nenos, remesas ao país de orixe…

A idea sobre a que se sustentan as CAF é simple: por que non poñemos entre todos unha pequena cantidade de diñeiro e creamos un fondo para darnos préstamos entre amigos, familiares ou compañeiros?

A clave é resolver necesidades económicas pequenas pero indispensables.

As CAF ofrecen un acceso rápido e sinxelo a pequenos créditos, estimulan o aforro, potencian a unión comunitaria e xeran devolucións que se reparten entre os socios. Ademais de ser un programa de educación financeira learning by doing (aprender facendo - aprender coa practica), as CAF permiten crear unha rede de apoio entre as socias e socios, fomentan a confianza e o liderado, e facilitan o acceso a outros servizos como seguros, vivenda, etc …

Fonte: http://comunidadescaf.wordpress.com/

http://www.comunidadescaf.org/web/index.html

Unha nota de prensa significativa e explicativa:

Autoxestión para chegar a fin de mes | Microcréditos para saír do apuro |
06.06.2011 | O último para afrontar os gastos urxentes son as comunidades autofinanciadas. Son asociacións de entre 10 e 30 socios que achegan unha cota mensual para poder prestar pequenas cantidades co fin de asumir gastos como os libros dos nenos. |Acceder en GaliciaHoxe|


|||||||||||||||||